Grandes figuras históricas do socialismo español: videoteca

Share Button

Como xa anunciamos nunha entrada publicada nesta web o 27 de setembro do ano pasado, a Secretaría de Formación da Executiva Federal do PSOE organizou na sede federal unha Escola da Memoria adicada ás Grandes Figuras Históricas do Socialismo Español (na foto, Margarita Nelken).

As conferencias celebráronse entre novembro e xaneiro. Estiveron adicadas a Pablo Iglesias, Julian Besteiro, Fernando de los Ríos, Jaime Vera, Indalecio Prieto, Francisco Largo Caballero e Margarita Nelken; foron impartidas por persoas de recoñecida traxectoria académica e boas coñecedoras das figuras citadas. A asistencia foi moi numerosa en tódalas sesións, o que amosa o interese que espertan estas figuras e a historia de loita e compromiso do noso partido. Nos tempos que corren, recuperar e divulgar esa historia é moi necesario.

O partido grabou estas charlas e hai uns días vén de poñelas a disposición pública en internet. Podes ver as diferentes charlas aquí, se ben de momento aínda non está dispoñible a adicada ó fundador Pablo Iglesias:

http://www.psoe.es/formacion/docs/apt/125703/page/videoteca.html

  

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.