Haberá primarias en Madrid

Share Button

Viña cociñándose dende días atrais e onte luns a primeira hora, coas declaracións de Trinidad Jiménez á súa chegada ó Ministerio, soubémolo definitivamente: haberá eleccións primarias para elexir a candidatura socialista á presidencia da Comunidade Autónoma de Madrid.

 

Para nós é unha excelente nova, por dúas razóns. En primeiro lugar, Tomás Gómez e Trinidad Jiménez son dous candidatos fortes. O noso partido demostra que fai unha aposta decidida por presentar un proxecto gañador e gobernar a Comunidade de Madrid. Estamos seguros que a cidadanía vai apreciar este esforzo, farta como está de populismo, transfuguismo, caso Gürtel, trama dos espías e outros lodazais que rodean ó goberno de Esperanza Aguirre (algúns destes feitos foron calificados como de vómito por un membro do seu propio partido, o segundo de Gallardón no Ayuntamiento de Madrid).

 

En segundo lugar, cremos que é unha excelente nova porque somos firmes partidarios da democracia interna e da participación dos afiliados e afiliadas do partido na toma de decisións. O noso partido volve a demostrar que é unha forza viva e dinámica, da que deberían tomar exemplo quenes funcionan a base de dedocracia.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.