¿Cariño desaproveita os seus recursos turísticos e culturais?

Share Button

Esta fin de semana –onte Diario de Ferrol e hoxe La Voz de Galicia– os medios fanse eco da excursión organizada pola Fundación Ortegalia, vinculada ó Concello de Ortigueira, á capela de San Xiao e ó Cabo Ortegal, no marco da cuarta edición das Xornadas de Interpretación Histórico-Artística da Comarca do Ortegal.

Parécenos unha iniciativa acertada, pero ó mesmo tempo lévanos á seguinte reflexión. Mentres dende concellos veciños aprécianse os nosos recursos naturais e patrimoniais, e mesmo inclúense na súa oferta turística e cultural, o actual goberno municipal cariñés cancela a campaña de verán da Aula do Mar, mantén pechada a Oficina de Información Turística e non promove ningunha iniciativa destinada a potenciar e divulgar estes recursos. Sobran valoracións adicionais; a realidade é contundente.

A imaxe que acompaña a esta entrada procede da edición dixital de La Voz de Galicia. Podes atopar a breve nota informativa que publica este xornal aquí:

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/08/14/0003_201108F14C119916.htm

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.