Informando sobre o Centro de Día e Residencia de Maiores

Share Button

La Voz de Galicia publicou hoxe unha nota informativa sobre o estado do proxecto do Centro de Día e Residencia de Maiores. Nela recóllese o chamamento do noso Alcalde, José Luis Armada, á necesaria colaboración entre a administración municipal e a Xunta de Galicia.

Como quizais xa sabes, o edificio consta de dúas partes, unha destinada a Centro de Día e a outra a Residencia. As obras atópanse actualmente case rematadas, se ben é necesaria unha financiación adicional para o mobiliario interior e, por suposto, para a posta en marcha dos servicios.

En datas recentes, a Alcaldía mantivo unha reunión cos responsables da Xunta para abordar estas cuestións. A administración autonómica comprometeuse a financiar o mobiliario do Centro de Día, o que significa que podería entrar en funcionamento nun prazo de tempo bastante curto.

Pola contra, os responsables da Consellería apelaron á falta de fondos para asumir o mobiliario e a posta en marcha da Residencia. Con todo, confiamos en que a apertura desta outra parte do edificio, que ocupa as plantas superiores, non se demore, pois a parte máis relevante e custosa está rematada. Dende o Concello, seguiremos en contacto cos responsables da Xunta e manterémoste informad@.

Podes ler aquí a nova publica por La Voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/11/24/0003_8868205.htm 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.