IV Xornadas sobre o rural como fonte de emprego no Museo Ortegalia

Share Button

altO vindeiro sábado 21 de febreiro terá lugar no Museo Ortegalia, no veciño concello de Ortigueira, o evento O rural, fonte de emprego. IV Xornadas de impulso do aproveitamento dos recursos naturais como oportunidade de emprego. Trátase dunha actividade gratuita e de acceso libre que, en palabras da organización, trata de “promover un intercambio de experiencias e coñecementos entre emprendedores que teñen desenvolvido iniciativas produtivas no medio rural”.

A xornada dará comezo ás 10 da mañá e trala presentación institucional intervirá Miguel Mato Agrafojo, xerente de Horticina S.A., cunha charla titulada Medio rural, S.A. A continuación Manuel López Pérez, Secretario da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, falará sobre O castiñeiro de froito: a rendibilidade e os novos retos.

Tras unha pausa de media hora, a última charla da xornada desenvolverase entre as 12:15 e as 13 horas baixo o título Conservas Mar de Ardora: unha iniciativa para a explotación sustentable de algas mariñas. Os ponentes son neste caso Sergio Baamonde López e Alberto Sánchez de Toca, administradores da firma Conservas Mar de Ardora.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.