Julio Sacristán asumirá o liderazgo do PSOE provincial

Share Button

altO socialismo galego vivíu este pasado domingo unha importante xornada. En varias cidades e vilas de máis de 20.000 habitantes a militancia elexíu @s candidat@s ás eleccións municipais de maio de 2015, ó tempo que @s militantes da provincia da Coruña eleximos mediante primarias ó compañeiro que liderará o partido a nivel provincial a partir do Congreso do vindeiro día 13 de decembro. Como xa sinalamos, era a primeira vez que un Secretario Xeral provincial do PSOE se elexía mediante primarias abertas a toda a militancia, unha modalidade que comeza a ser habitual nos procesos orgánicos do noso partido.

Nas eleccións á Secretaría Provincial concurrían os Alcaldes de Culleredo e Oroso, Julio Sacristán e Manuel Mirás respectivamente, os únicos que conseguiran superar a fase de recollida de avais. Finalmente alzouse coa victoria Julio Sacristán, que ocupa a Alcaldía de Culleredo dende 1983. Sacristán colleitou un total de 1758 votos (un 60’52 %), mentres que Mirás acadou 1147 (un 39’48 %). A militancia da Agrupación Socialista de Cariño apoiou de maneira unánime a candidatura de Julio Sacristán, que representa mellor a continuidade coa dirección saínte que lideraba Francisco Caamaño. En todo caso, queremos recoñecer o esforzo realizado polo compañeiro Manuel Mirás e o feito de terse achegado a Cariño para presentarnos o seu proxecto. A Asamblea celebrada en Cariño decidíu tamén que sexa o compañeiro Jonathan Miranda quen represente á nosa Agrupación no vindeiro congreso provincial do día 13, toda vez que o noso Secretario Xeral, José Miguel Alonso Pumar, asistirá á cita en calidade de membro da Executiva Provincial saínte.

Nas eleccións primarias ós concellos decidíanse -entre outros- @s candidat@s que o partido vai a presentar nas cidades de Ferrol, A Coruña, Santiago e Ourense. Resultaron elexid@s @s compañeir@s Beatriz Sestayo (Ferrol), Mar Barcón (A Coruña), Francisco Reyes (Santiago) e José Ángel Vázquez Barquero (Ourense). Dende a Agrupación Socialista de Cariño queremos felicitalos pola elección, ó tempo que tamén recoñecemos o meritorio esforzo realizado polas candidaturas alternativas de Ramón Veloso (Ferrol), Ángel Garmendia (A Coruña), Mercedes Rosón (Santiago) e Pachi Vázquez (Ourense).

Coa xornada de onte o noso partido ofrece un exemplo de democracia interna sen parangón no actual panorama político galego, o cal é froito da implicación da militancia e tamén do esforzo d@s candidat@s que decidiron concurrir ás primarias provinciais e locais, confrontando ideas e difundindo os seus proxectos nos medios e nas redes sociais. A xornada de onte coincide, ademais, coa publicación dunha enquisa de Sondaxe que anuncia a posibilidade de que boa parte das cidades e vilas de máis de 20.000 habitantes estén gobernadas por coalicións progresistas lideradas polo PSdeG-PSOE a partir de maio de 2015. Con tódalas cautelas que merecen enquisas realizadas con meses de antelación e coas candidaturas aínda por definir, o certo é que hai motivos para crer nun necesario cambio político. O noso partido debe dar o mellor de si para non defraudar as expectativas.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.