Loitando polo corredor costeiro

Share Button

O noso partido segue a loitar a prol do corredor Ferrol – San Cibrao, trala confirmación de que a Xunta de Galicia do popular Núñez Feijóo pretende demorar o remate desta infraestructura ata o ano 2017.

A última hora da tarde de onte, celebrouse un Pleno no Concello de Cariño, no cal o Grupo de Goberno (PSOE e BNG) presentou unha moción esixindo o cumprimento dos prazos marcados polo anterior goberno autonómico. A moción resultou aprobada, aínda que o PP votou en contra. Con esta decisión, e como xa é habitual dende que existe a democracia, o PP cariñés confirma a súa intención de acatar cegamente as imposicións do seu partido, aínda que elo supoña un atentado sen paliativos contra os intereses da cidadanía cariñesa.

Tamén onte, pola mañá, numerosos cargos públicos e militantes do PSdeG-PSOE, entre os que se atopaban o noso Secretario Xeral e Alcalde José Luis Armada, reunímonos en Ortigueira para analizar a situación e anunciar as vindeiras actuacións, que incluirán iniciativas nos concellos e no parlamento. Un dos intervintes, o secretario provincial de Lugo Ricardo Varela, destacou que “o noso Goberno tiña un investimento de 30 millóns de euros para esta estrada nos orzamentos do 2010. A Xunta de Núñez Feijóo, reducíuno a 14 millóns. Esos son feitos, non palabras”. O xornal La Voz de Galicia amplía hoxe a súa información sobre este encontro. Podes acceder á información aquí:

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.