Movementos na política nacional

Share Button

A actualidade política estivo marcada, esta fin de semana, polo anuncio de Zapatero de non repetir como candidato socialista ás vindeiras eleccións xerais. Á marxe da valoración que cada quen queira facer desta decisión, e do legado do Presidente do noso país, é obvio que deixa ó PP sen o seu principal argumento de cara ás vindeiras eleccións municipais e autonómicas do 22 de maio. O candidato ou candidata socialista ás vindeiras eleccións xerais non será elexid@ ata despois destes comicios de maio, o cal contribuirá a centrar o debate no ámbito local e autonómico, como procede.

O segundo aspecto relevante desta noticia é, precisamente, o anuncio de que o sustituto de Zapatero sairá dunhas eleccións primarias. Fronte a quenes auguraban un dedazo como os que aplica habitualmente a dereita, o noso partido ratifica o seu compromiso coa participación e a democracia interna.

E xa que falamos da política nacional, queremos chamar a túa atención sobre un interesante documento que acaba de dar a coñecer a Fundación Ideas, vinculada ó noso partido. En máis dunha ocasión, Rajoy tense referido ás políticas de Cameron, o Primeiro Ministro británico, como un modelo a seguir e a aplicar en España. O estudo difundido pola Fundación Ideas amosa que a aplicación destas políticas no noso país suporía un recurte no gasto público de 60.000 millóns de euros, o despido de 250.000 funcionari@s e un incremento de entre o 245 e o 300 % nas taxas universitarias.

A nota informativa onde se anuncia a publicación deste estudo podes atopala aquí:

http://fundacionideas.es/press_room/recent_news/3458 

O documento, moi recomendable, podes descargalo no seguinte enderezo:

http://fundacionideas.es/sites/default/files/La_Espana_de_Rajoy_y_Cameron.pdf 

  

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.