Nace a Escola de Formación Francisco Fernández

Share Button

Unha representación da Agrupación Socialista de Cariño, da que formaba parte o noso Alcalde José Luis Armada, asistíu onte en Ferrol ó acto de inauguración da Escola de Formación Francisco Fernández. Nel interviron Vicente Irisarri (Alcalde de Ferrol), Salvador Fernández Moreda (Presidente da Deputación), Leire Pajín (Secretaria de Organización do PSOE) e Pachi Vázquez (Secretario Xeral do PSdeG-PSOE). Asistíu unha nutrida representación do socialismo galego, incluido o Ministro de Xustiza Francisco Caamaño. Os principais medios de comunicación publicaron crónicas do acto.

 

Esta iniciativa foi aprobada no último congreso dos socialistas galegos e pretende ofrecer unha formación contínua e integral ós militantes e candidatos socialistas, tanto de tipo presencial como online. Ó mesmo tempo, a Escola de Formación servirá tamén como foro de debate e intercambio de ideas para contribuir ó fortalecemento do proxecto socialista.

 

A Escola de Formación Francisco Fernández leva o nome do presidente da primeira Agrupación Socialista fundada en Galicia, concretamente na cidade de Ferrol no ano 1881. Ademais, foi un dos primeiros concelleiros socialistas que houbo en España.

 

Como lembrou onte Pachi Vázquez, esta Escola supón tamén outra mostra do intenso traballo que está a ser desenvolvido polos socialistas galegos, que en menos dun ano fomos capaces de celebrar cinco congresos (un autonómico e catro provinciais), de poñer en marcha esta Escola de Formación e de seguir desenvolvendo unha intensa actividade nos concellos, nas deputacións e no parlamento autonómico.

 

Podes ampliar a información sobre este novo proxecto do socialismo galego na nosa web autonómica, concretamente no seguinte enderezo:

 

http://www.psdeg-psoe.org/noticia.php?idnoticia=5314

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.