Nova páxina da Agrupación Socialista de Cariño en Facebook

Share Button

altO perfil que mantíñamos na rede social Facebook co nome Psoe Cariño vén de desaparecer e pasa a convertirse en páxina. Non foi unha decisión voluntaria, senón que resposta ás políticas da citada rede social: recibimos unha notificación anunciando que os perfís están destinados a persoas con nomes e apelidos e instándonos a transformar o perfil en páxina, que é a modalidade que teñen os partidos políticos, empresas, administracións, organizacións, etc. para estar presentes en Facebook.

A transformación do perfil en páxina implica cambios diversos na nosa maneira de estar presentes nesa rede social que irán facéndose patentes. Polo demais, a nova páxina mantén exactamente o mesmo nome que tiñamos antes como perfil de usuario (Psoe Cariño). Pouco a pouco iremos incorporando contidos e actualizacións para facer máis informativo e interesante este novo formato. Agradecemos a túa comprensión e pedimos desculpas polas molestias que este cambio poda ocasionar. Se tiñas agregado o noso perfil como amigo en Facebook, seguirás recibindo as nosas actualizacións. En caso contrario, para recibir as actualizacións podes procurar a nosa páxina introducindo Psoe Cariño no teu buscador de Facebook e a continuación facendo click en “Me gusta”.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.