Novos vehículos, novos recursos humanos, mellores servicios

Share Button

O Concello de Cariño segue a traballar para ofrecerte os mellores servicios. Así, en días vindeiros sacará a concurso a adquisición dun tractor para labouras de desbroce e limpeza de praias por un importe superior ós 70.000 euros.

 

Ademais, a institución municipal tamén contará con dúas persoas máis no seu plantel de traballadores/as, destinadas concretamente ó arquivo e á área de servicios sociais. Nos dous casos, a súa contratación prolongarase por un periodo de seis meses.

 

Ambas novas foron onte recollidas por La Voz de Galicia.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.