O agosto cariñés

Share Button

Como cada mes de agosto, Cariño acolle unha intensa actividade de ocio e lecer promovida polo Concello e dirixida tanto á poboación local como a visitantes e turistas.

 

Estes días a Praza Roxa acolleu as proxeccións do Cine na Rúa. O vindeiro sábado día 7 celébrase a Festa da Caldeirada e da Sardiña Lañada. Dous días despois, o luns 9, dará comezo a Mostra de Teatro, que se prolongará ata o venres 20 de agosto. Ese mesmo día arranca o Ortegal Rock, que contará ó día seguinte, sábado 21, coa actuación estelar de Rosendo. O domingo 22 tocará descansar, porque ó día seguinte darán comezo as festas patronais de San Bartolo, que se prolongarán durante catro días.

 

Lembra que, se a praia e estas actividades aínda che deixan tempo libre, tamén podes desfrutar dunha saída no Aula do Mar, que estes días atópase a pleno rendemento, ou pasear polas sendas peatonais ata San Xiao ou o Mazanteu. No agosto cariñes non hai tempo a aburrirse.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.