O Aula do Mar segue medrando

Share Button

O Aula do Mar, o pesqueiro que o Concello de Cariño reconvertíu para uso turístico e educativo, segue medrando como proxecto e, definitivamente, está convertíndose xunto ó Cabo Ortegal no principal atractivo turístico do noso Concello.

 

Segundo os datos que vén de difundir a institución municipal, unhas 500 persoas desfrutaron durante o mes de xullo dunha das dúas travesías habilitadas, a de mañá ata o Cabo Ortegal ou a de pola tarde ata as inmediacións de San Andrés de Teixido. Estas cifras supoñen, só para o mes de xullo, un incremento de 75 viaxeiros e dun 15 % con respecto ó ano pasado.

 

Diario de Ferrol de hoxe recolle esa nova, con información adicional que pode resultar do teu interese. Aquí tes a ligazón á edición dixital:

 

http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/comarcas/5355-b-noticia  

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.