O municipalismo na Conferencia Política do PSdeG

Share Button

Como xa informamos na nosa páxina, os pasados 12 e 13 de xuño tivo lugar en Santiago de Compostela a Conferencia Política na que o noso partido actualizou e relanzou o seu proxecto político para Galicia. Alí estivo unha representación da Agrupación Socialista de Cariño.

 

Moitos dos temas abordados tiveron estreita relación coas políticas municipais. Non podía ser doutro xeito, tendo en conta a longa tradición municipalista do noso partido e a nosa dilatada experiencia no goberno de moitos concellos galegos.

 

Hai uns días publicouse o número 9 do Boletín SPM, que edita a Secretaría de Política Municipal do PSdeG-PSOE. Nel podes atopar, entre outros temas, un extenso tratamento do lugar que ocuparon as políticas municipais na mentada Conferencia. Podes descargar o Boletín dende este enderezo:

 

http://www.psdeg-psoe.org/noticia.php?idnoticia=6120

 

Se resulta do teu interese, tamén podes descargar o documento coas Resolucións íntegras da Conferencia Política, que o noso partido acaba de facer público. Para acceder a el, emprega este outro enderezo:

 

http://www.calameo.com/books/0000967344a0b7ba1a4e2

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.