O parque biosaudable a pleno rendemento

Share Button

As doce máquinas para realizar exercicio físico ó aire libre que o Concello vén de instalar no paseo marítimo atópanse dende hai días a pleno rendemento. A inversión rondou os 12000 euros e foi asumida pola administración municipal.

 

Ademais, leváronse a cabo traballos de repintado no carril bici do paseo marítimo, empregando pinturas antideslizantes que melloran a adherencia.

 

O Concello vén de facer pública unha nota de prensa que foi recollida en medios como Diario de Ferrol. Podes consultala na páxina web municipal, concretamente neste enderezo:

 

http://www.concellocarino.org/aodia/nova.php?id=1233

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.