O partido lanza a candidatura de Rubalcaba

Share Button

 

Hoxe tivo lugar a proclamación oficial de Alfredo Pérez Rubalcaba como candidato ás vindeiras eleccións xerais. Previamente, no día de onte, o Vicepresidente, Voceiro do Goberno de España e Ministro de Interior anunciou que renuncia a estas responsabilidades para adicarse en exclusiva ó seu novo papel de candidato. Rubalcaba leva xa varias semanas reuníndose coa militancia ó longo de toda a xeografía española. O pasado domingo estivo en Santiago de Compostela.

A súa intervención desta mañá -a primeira no seu papel de candidato- xa foi definida por prestixiosos analistas como o discurso de maior calado político dos últimos tempos. Coa súa habitual claridade, Rubalcaba anunciou un xiro á esquerda, instou á banca a comprometerse na creación de emprego, propuxo recuperar a aplicación do Imposto de Patrimonio ás grandes fortunas e fixo un guiño ás demandas do 15-M, anunciando medidas para mellorar a democracia e o modelo electoral.

Ábrese unha nova etapa no PSOE. Rubalcaba é un candidato solvente, moi intelixente, con ampla experiencia e cunha capacidade discursiva que non ten parangón no actual panorama político. A dereita é conscente delo, de aí a súa preocupación.

Como xa vén sendo habitual, o noso partido vai a facer un abundante uso de internet e das redes sociais para difundir este novo proxecto. A web do candidato está xa operativa e podes acceder a ela aquí:

http://www.rubalcaba.net

Recomendámosche, ademais, outros dous artigos de opinión. O primeiro, a cargo de Fernando Ónega, leva por título Alfredo I, el Batallador e apareceu hoxe en La Voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2011/07/09/0003_201107G9P15993.htm 

O outro, escrito polo director de Público, Jesús Maraña, está dispoñible na edición dixital do xornal e fai unha análise do acto de hoxe e do primeiro discurso de Rubalcaba como candidato:

http://blogs.publico.es/buzondevoz/677/la-formularubalcaba-en-doce-apuntes  

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.