O peche de Vieiros: a información progresista perde posicións

Share Button

Ó longo dos últimos anos, o xornal dixital Vieiros foi en Galicia un referente informativo dende unha óptica progresista e galeguista, acollendo ademais columnistas de indubidable prestixo.

 

En datas recentes recibimos a nova do seu peche por problemas económicos. Non podemos máis que lamentar este acontecemento, que supón unha perda de posicións para o xa de por si feble entramado informativo dos sectores progresistas e esquerdistas galegos. Son situacións como esta as que confiren plena razón de ser a webs como a nosa, con tódalas limitacións que podan ter.

 

Lois Rodríguez, editor de Vieiros, despedíase dos lectores e lectoras o pasado 24 de xullo, víspera do Día de Galicia, nun editorial titulado Até sempre que podes ler aquí:

 

http://vieiros.com/nova/80362/ate-sempre

 

O xornal Público, outro referente informativo de esquerdas que agardamos dure moitos anos, vén de publicar unha entrevista a Ramón Villar, o último director de Vieiros, na que fala, entre outras cousas, da expansión da internet en Galicia ou da política lingüística do actual goberno da Xunta. Unha lectura interesante que podes atopar aquí:

 

http://www.publico.es/televisionygente/330312/vieiros/ramon/vilar/lois/rodriguez/diario/digital/gallego/cierra/feijoo

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.