O Pleno do venres

Share Button

Este venres pasado, 28 de maio, celebrouse o Pleno Ordinario no Concello, con dous asuntos importantes na Orde do Día: a reclamación do servicio diario de pediatría e a aprobación do presuposto municipal.

 

No que atinxe ó primeiro destes asuntos, o Pleno aprobou por unanimidade apoiar a reclamación das nais e trasladar ó Sergas a súa demanda.

 

O presuposto municipal aprobouse co voto favorable dos grupos municipais do PSOE e BNG. O grupo municipal do PP voltou a amosar o seu absoluto descoñecemento da dinámica presupostaria municipal. A súa única proposta foi criticar o elevado número de personal en nómina que ten o Concello de Cariño.

 

Pola nosa parte, consideramos que o personal actual do Concello é necesario para prestar axeitadamente os servicios que a cidadanía necesita e podemos demostrar que o custe das súas nóminas é perfectamente asumible na situación contable actual. Celebramos que o Concello sexa, a día de hoxe, unha das principais fontes de emprego para a cidadanía cariñesa. E seguiremos xestionando para incrementar a dotación de personal nos servicios que aínda o precisan.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.