O rural, fonte de emprego: Xornada no Museo Ortegalia

Share Button

O sábado 9 de marzo terá lugar no Museo Ortegalia (Ortigueira), organizada pola Fundación Ortegalia e a Asociación Costa Noroeste, a II Xornada de impulso do aproveitamento dos recursos naturais como oportunidade de emprego, que leva por título O rural, fonte de emprego.

A xornada dará comezo ás 10 da mañá cunha mesa redonda que leva por título Os GDR como dinamizadores no medio rural. Experiencias prácticas, na que intervirán Domingo Lojo Caamaño (Xerente do GDR Asdecomor), Miguel Teixido Sotelo (Xerente do GDR EuroEume) e Jorge Blanco Ballón (Xerente do GDR As Mariñas-Betanzos).

Entre 11:30 e 12 horas haberá unha pausa. Ás 12 arrancará a segunda mesa redonda que se extenderá ata as 13:30 horas. Leva por título Innovando en tempos de crise e nela intervirán unha socia da cooperativa Milhulloa coa presentación “Primeira cooperativa de traballo adicada ao grelo deshidratado”, José María Vilaboy Bellas (Xaraleira) con “Más vale cabeza de ratón que cola de león” e Santiago Pérez (La Finca de los Cuervos) con “Una mirada al pasado para el futuro”.

A actividade é gratuita, pero o Museo agradece que se confirme asistencia antes do día 4 de marzo, ben a través do email museo@ortegalia.es ou mediante chamada telefónica ó 981 40 24 13.

     

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.