O segredo da Frouxeira na TVG 2

Share Button

Mañá mércores, ás 22:45 horas, a canle TVG 2 emite O segredo da Frouxeira. Trátase dunha documental de EAF Produccións e dirixida por Xosé Abad que presenta un novo punto de vista sobre a Guerra Civil e as súas consecuencias aínda hoxe. Na súa elaboración colaboraron, entre outras entidades, as asociacións Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática. 

A sinopse conta que setenta anos despois dun traumático acontecemento familiar, Paulino Gasalla atopa un pequeno paquete con recurtes e recordos. Impresionado inicia unha minuciosa investigación que lle levará a se enfrontar ás consecuencias que implica o seu descubrimento. O segredo da Frouxeira afonda na historia de catro familias relacionadas entre si por un feito dramático silenciado durante décadas.

Unha cita ante a pequena pantalla que paga a pena. 

    

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.