Obras de urbanización na rúa Pérez Lugín

Share Button

Dende hai días estanse executando as obras de urbanización da rúa Pérez Lugín, na zona coñecida como A Laguna. A actuación comprende a construcción de beirarrúas, a instalación de novos sistemas de recollida de augas pluviais e fecais e a renovación do sistema de traída de augas para consumo doméstico.

 

Segundo se informa a través da páxina web municipal, a empresa José Manuel Piñeiro López resultou adxudicataria das obras, cun prazo de execución de catro meses. A obras contan cun presuposto de 162.874’87 euros, sufragados con cargo ó Plan de Obras e Servicios 2009 da Deputación Provincial.

 

As obras contribuirán notablemente á mellora desta transitada rúa, que acolle un crecente número de vivendas e sitúase no entorno dos principais equipamentos educativos e deportivos locais, como o Instituto de Ensino Secundario Cabo Ortegal, o campo de fútbol, a pista de pádel ou a piscina municipal.

 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.