Oficina parlamentaria de Francisco Caamaño

Share Button

Reproducimos a seguinte información que vimos de recibir hai un par de días: 

O deputado no Congreso e presidente dos socialistas coruñeses, Francisco Caamaño, presentou na Coruña a súa Oficina Parlamentaria, coa que pretende manter un “contacto permamente” cos cidadáns e atender persoalmente ou a través de internet as súas demandas.

A iniciativa articularase a través da web www.francaamano.com, que permitirá aos cidadáns da provincia solicitar unha reunión persoal co deputado socialista, mediante un sistema de cita previa, na sede provincial do PSdeG-PSOE da cidade da Coruña ou nas diferentes agrupacións locais da provincia. Ademáis, a web permite coñecer as súas iniciativas parlamementarias no Congreso, e ofrece a posibilidade consultar a súa axenda, un blog persoal, ou de facerlle chegar preguntas vía e-mail.

“Necesitamos un maior contacto dos representantes políticos cos cidadáns e cremos que éste pode ser un instrumento sumamente útil para achegar a política aos cidadáns, e tamén para que os coruñeses se sintan protagonistas da acción política dos seus representantes”, afirmou Caamaño, que recordou que cumpre así un dos compromisos adquiridos co seu electorado durante a campaña das pasadas eleccións xerais.

Caamaño pediu aos cidadáns a súa participación, para que este novo instrumento sexa útil, “porque os problemas dos cidadáns non se poden intuir, e mellor dialogalos e falalos”, e considerou que contribuirá a facer unha democracia “máis participativa, real e efectiva”.

http://www.francaamano.com 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.