Os coches de Feijóo: despilfarro e incoherencia

Share Button

Nas últimas eleccións autonómicas, unha das bases da campaña electoral de Núñez Feijóo foi o suposto despilfarro do bipartito, que foi acusado de gastos descontrolados no parque móvil da Xunta (malia que 29 dos 32 Audis foran adquiridos durante a época de Fraga, 19 deles sendo Feijóo vicepresidente).

 

Hai poucos días tódolos medios de comunicación autonómicos e estatais deron a coñecer que en nove meses a Xunta de Feijóo leva gastados 6’3 millóns de euros na adquisición de 347 coches, varios deles de alta gama, mediante leasing (aluguer con dereito de compra) ou renting (aluguer a longo prazo con tódolos servizos incluidos). Todo un exemplo de despilfarro e incoherencia, ademais dun novo despropósito dun goberno autonómico que segue defraudando a confianza que nel depositou unha parte significativa da cidadanía galega.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.