Os recurtes no ensino dun goberno á deriva: Cariño perde 12 docentes en catro anos

Share Button

altO Secretario Provincial de Educación do PSdeG-PSOE, Antonio Álvarez Cisneros, vén de facer público un estudo que amosa a supresión de 900 prazas de profesorado nos centros de ensino da provincia durante os últimos catro anos. As comarcas de Ferrolterra e Ortegal sitúanse entre as máis afectadas polos recurtes, con 194 docentes menos. En Cariño perdemos 12 prazas de profesorado entre 2010 e 2014, seis delas no colexio e outras tantas no IES Cabo Ortegal. Como xa dixemos en días pasados, chama a atención o silencio das outras forzas políticas con representación no noso Concello, e especialmente do PP cariñés. Hai meses xa celebramos un acto informativo en Cariño para denunciar os recurtes en materia educativa e proximamente levaremos a cabo novas accións sobre esta materia.

En días pasados celebrouse tamén o Debate do Estado da Autonomía, no que o presidente Feijóo voltou a amosar unha actitute autocomplacente e totalmente afastada da realidade que viven día a día milleiros de familias galegas. O noso partido, por medio do voceiro parlamentario José Luis Méndez Romeu, realizou unha documentada e exhaustiva exposición que amosa o lugar onde estamos e a urxencia dun cambio político. Particularmente relevante, para o noso caso, o seu diagnóstico do sector pesqueiro, que apunta a 4.400 traballadores/as menos no Réxime Especial do Mar, á inacción total en sectores como a baixura ou o marisqueo, e ó desamparo no que se deixa ás familias en situacións de temporais ou mal tempo. Podes ler unha síntese da intervención do voceiro socialista aquí:

http://mendezromeu.blogspot.co.uk/2014/10/2014-estado-da-autonomia.html

A imaxe que acompaña a esta entrada provén da páxina web de El Ideal Gallego.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.