Paradoxas da crise económica

Share Button

O escenario actual de crise económica conleva unha serie de paradoxas que, quizais, o goberno central non está a explicar coa necesaria intensidade. A primeira é a necesaria corresponsabilidade das Comunidades Autónomas na búsqueda de solucións, así como o seu potencial papel na creación de emprego. Os gobernos autonómicos teñen actualmente importantes competencias en obra pública, política industrial, servicios sociais e un logo etcétera. Sendo así, resulta sorprendente que algúns pretendan cargar no Presidente do goberno a responsabilidade exclusiva na saída da crise. Por dar un dato sinxelo, o 80 % do funcionariado do noso país está en nómina das administracións autonómicas e municipais.

 

Non esquezamos tampouco a campaña electoral de Núñez Feijóo, que culpaba a Touriño das cifras do paro. Agora que chegou ó poder, o culpable é Zapatero. Sen comentarios.

 

Unha segunda paradoxa é que os máximos impulsores dun modelo económico ultraliberal e neocon, causante directo da actual crise mundial, pretendan erixirse nos garantes da solución. O modelo económico que quebrou é, precisamente, o modelo adoptado e exacerbado polos gobernos de Aznar.

 

Sobre esto último recomendamos dous artigos aparecidos en Público. O primeiro, da autoría do economista Justo Zambrana, leva por título El trasfondo económico de la crisis e podes atopalo aquí:

 

http://blogs.publico.es/dominiopublico/1852/el-trasfondo-economico-de-la-crisis

 

O outro artigo, do tamén economista Jorge Calero, leva por título Cambio de agenda e o seu enderezo web é o seguinte:

 

http://blogs.publico.es/delconsejoeditorial/472/cambio-de-agenda

 
 
Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.