Pensar dende a esquerda: 10 entradas para o cambio

Share Button

altUn dos obxectivos que nos marcamos dende o principio con esta páxina web foi o de contribuír á recuperación e á difusión do pensamento de esquerda. Cremos que unha das principais fortalezas da esquerda reside en ter combinado unha longa traxectoria de compromiso e loita social cunha riquísima tradición intelectual de pensamento crítico e emancipador.

Por esta razón, dende que esta páxina adoptou o seu formato actual sempre tentamos achegar contidos relativos a esta tradición de pensamento, xa fose a raíz da publicación de libros interesantes, con motivo do falecemento dalgunha figura importante, etc. Coa intención de darlle unha maior visibilidade e continuidade a este obxectivo, o 9 de setembro de 2011 publicamos a primeira entrada dunha modesta serie titulada Pensar dende a esquerda, que adicamos naquela ocasión a Tony Judt. A nosa idea, tanto entón como agora, é enfocar os contidos desta serie dende unha perspectiva de esquerda plural, non partidista, pero ó mesmo tempo dándolle especial relevancia ó mellor da tradición socialista, aquela que combina a defensa sen concesións das clases traballadoras, das persoas desfavorecidas e do sector público cun ideal democrático, racional, ilustrado e de defensa dos dereitos humanos.

Esta entrada é a décima da serie Pensar dende a esquerda e con este motivo queremos facer unha recapitulación, recollendo aquí as nove entradas anteriores publicadas ata hoxe. A continuación figuran o título de cada unha desas entradas, a data na que foi publicada e o enlace para acceder á mesma. Agardamos que sexan do teu interese.

Tony Judt (9-9-2011)

https://www.psoecarino.org/index.php?option=com_content&view=article&id=429:pensar-dende-a-esquerda-tony-judt&catid=1

 

Os modelos sanitarios segundo Michael Moore (27-10-2011)

 https://www.psoecarino.org/index.php?option=com_content&view=article&id=438:pensar-dende-a-esquerda-os-modelos-sanitarios-segundo-michael-moore&catid=1

 

Adeus a Francisco Fernández Buey (29-8-2012)

https://www.psoecarino.org/index.php?option=com_content&view=article&id=489:pensar-dende-a-esquerda-adeus-a-francisco-fernandez-buey&catid=1

 

Adeus a Ceferino (24-12-2012)

https://www.psoecarino.org/index.php?option=com_content&view=article&id=512:pensar-dende-a-esquerda-adeus-a-ceferino&catid=1

 

Luis Gómez Llorente (2-9-2013)

https://www.psoecarino.org/index.php?option=com_content&view=article&id=559:pensar-dende-a-esquerda-luis-gomez-llorente&catid=1

 

Barbara Ehrenreich, no Día Internacional da Muller (8-3-2014)

https://www.psoecarino.org/index.php?option=com_content&view=article&id=597:pensar-dende-a-esquerda-barbara-ehrenreich-no-dia-internacional-da-muller&catid=1

 

Eduardo Rego Rodríguez, in memoriam (27-4-2014)

https://www.psoecarino.org/index.php?option=com_content&view=article&id=606:pensar-dende-a-esquerda-eduardo-rego-rodriguez-in-memoriam&catid=1

 

Pablo Iglesias visto por Suso de Toro (4-9-2014)

https://www.psoecarino.org/index.php?option=com_content&view=article&id=625:pensar-dende-a-esquerda-pablo-iglesias-visto-por-suso-de-toro&catid=1

 

Diálogo entre Pedro Sánchez e Thomas Piketty (8-1-2015)

https://www.psoecarino.org/index.php?option=com_content&view=article&id=650:pensar-dende-a-esquerda-dialogo-entre-pedro-sanchez-e-thomas-piketty&catid=1

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.