Por un modelo social máis xusto e igualitario: comunicado de Gonzalo Caballero á militancia socialista no 1º de Maio

Share Button

Hoxe é un 1 de Maio, distinto a calquera outro que viviramos non pasado. En  condicións  normais hoxe estaríamos nas rúas de Galicia cós compañeiros e compañeiras das  organizacións sindicais, defendendo os dereitos d@s traballador@s. O confinamento impide  as celebracións reivindicativas do Día Internacional do Traballo, pero nos momentos de crise en que vivimos pola pandemia, a defensa dos dereitos dos e das traballadoras, do emprego digno e da protección social é imprescindible.

Onte pola tarde mantiven unha xuntanza telemática cos secretarios xerais de UXT e CC.OO. con motivo deste primeiro de maio, para  salientar a importancia de defender os dereitos dos/as  traballador@s e para  trasladarlles virtualmente o respaldo dos/as socialistas  galeg@s  á  xornada reivindicativa deste ano, na que se defende un novo modelo económico e social acorde aos dereitos d@s traballador@s.

Este ano non podemos festexar presencialmente esta xornada reivindicativa, así que dende as nosas casas lembraremos o noso compromiso coa xustiza social e poderemos sumarnos nas redes sociais a algunha actividade ou campaña posta en marcha polos sindicatos.

Aperta socialista.

Gonzalo Caballero

Secretario  Xeral  do PSdeG-PSOE

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.