Presentación da candidatura ás eleccións municipais

Share Button

Temos por diante seis semanas de alta intensidade política. Esta noite comeza a campaña electoral para as eleccións xerais do 28 de abril, nas que o noso país xógase moito. As enquisas coinciden en vaticinar a victoria do noso partido, pero é necesaria unha ampla mobilización que asegure a continuidade de Pedro Sánchez na Presidencia do Goberno nun marco estable para proseguir coas reformas e reconquistas sociais que España necesita. A chegada á Moncloa dunha coalición das tres dereitas suporía un retroceso de consecuencias funestas que é obrigado evitar.

A seguinte cita electoral será a do 26 de maio, data na que terán lugar as eleccións municipais, coincidindo coas eleccións europeas e con autonómicas en boa parte dos territorios do estado. Na Agrupación Socialista de Cariño estamos traballando intensamente na preparación destes comicios e da nosa proposta para os vindeiros catro anos, cuxos detalles iremos dando a coñecer nas vindeiras semanas.

Para comezar, este sábado 13 de abril, ás sete da tarde, celebraremos no Auditorio Municipal un acto político que incluirá a presentación da candidatura ás eleccións municipais. O acto contará coas intervencións de Montse García Chavarría, candidata ó Congreso pola provincia da Coruña; Valentín González Formoso, Presidente da Deputación; e José Miguel Alonso Pumar, Alcalde de Cariño e candidato. Neste acto poderás coñecer a tódalas persoas que o acompañan na candidatura. Gustaríanos moito contar coa túa presenza. Quedas convidad@.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.