Presentación da candidatura socialista ás eleccións municipais

Share Button

Aínda que nos vindeiros días iremos concretando detalles, queremos anuncialo xa para que tódalas persoas interesadas en asistir poidades facer plans coa maior antelación posible: o domingo 19 de abril, ás seis da tarde, terá lugar no Auditorio Municipal de Cariño a presentación da candidatura socialista ás eleccións municipais de maio.

Ese día presentaremos as liñas principais do proxecto de cambio e de futuro que queremos levar a cabo nos vindeiros anos en Cariño, e tamén terás a oportunidade de coñecer ás persoas chamadas a liderar a súa materialización da man do noso candidato José Miguel Alonso Pumar.

Quedas convidad@. Será un pracer contar coa túa presenza.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.