Presentación do número 33 de Razón Socialista en Cariño

Share Button

A Agrupación Socialista de Cariño quere comezar xa coa actividade deste ano. Como adiantáramos hai uns días, o número 33 da revista Razón Socialista presentarase en Cariño. Será o vindeiro sábado, 12 de xaneiro, ás seis da tarde, no local da Agrupación Socialista de Cariño (rúa Balbís). Estás convidad@ a asistir.

O acto será introducido polo noso compañeiro José Miguel Alonso Pumar e a continuación intervirán Enrique Barrera (historiador, profesor no ensino público e directivo da A.C. Fuco Buxán), Manuel Cendán (subdirector da revista, militante do PSdeG-PSOE e socio de Fuco Buxán) e José Torregrosa (director da revista e directivo da A.C. Fuco Buxán). Os tres oradores asinan artigos neste número da revista: Torregrosa é autor do artigo “Carrillo y Fuco Buxán”, Barrera asina “Santiago Carrillo y Paracuellos” e finalmente Cendán contribúe ó debate sobre o presente e o futuro do PSdeG co seu artigo “Máis PSdeG, máis esquerda, máis galego”.

Razón Socialista é unha revista de pensamento político, de periodicidade semestral, editada pola Asociación Cultural Fuco Buxán. A presentación da revista en Cariño enmárcase na colaboración que a nosa Agrupación mantén coa citada asociación e que xa deu lugar a outros eventos anteriores, como a presentación de números anteriores da revista ou de libros como a primeira entrega das memorias de Rafael Pillado. Este sábado agardámoste.

   

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.