Presentación en Cariño do libro de J. M. Suárez Sandomingo sobre Federico Maciñeira

Share Button

O vindeiro sábado 17 de xaneiro, ás sete da tarde (19:00 h.), no Local Social situado na planta baixa da Casa do Concello terá lugar a presentación do libro Federico Maciñeira Pardo de Lama. Su vida y su época, do que é autor José Manuel Suárez Sandomingo e que vén de ser publicado por Edicións do Cumio.

O acto será presentado pola nosa compañeira Ana Fachal Fraguela, filóloga do Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega, e contará coas intervencións do arqueólogo cariñés Xosé Lois Armada Pita, investigador do Instituto de Arqueoloxía da University College London (UCL) e autor de varios traballos sobre a obra arqueolóxica de Maciñeira, e de José Manuel Suárez Sandomingo, autor do libro, doutor en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionario nos servizos de protección de menores da Xunta de Galicia. Tralas intervencións haberá un espazo aberto para comentarios e preguntas e, finalmente, o autor do libro asinará exemplares ás persoas que o desexen.

Nunha entrada anterior, publicada nesta páxina web o pasado 10 de xaneiro, podes ler unha breve reseña da obra. A Agrupación Socialista de Cariño colabora na organización do evento.

alt

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.