Primarias no PSOE: construir unha nova cultura política

Share Button

altO Comité Federal celebrado o pasado sábado 18 de xaneiro aprobou o calendario para a celebración dos diferentes procesos de elección de candidat@s para as Alcaldías dos concellos de máis de 20.000 habitantes, para as Presidencias das Comunidades Autónomas nas que se celebran eleccións en 2015 e para a Presidencia do Goberno de España. Na mesma reunión aprobouse o Regulamento para a Elección de Candidatos e Candidatas polo Sistema de Primarias Abertas.

Deste xeito, o partido pon en marcha un compromiso que xa fora anunciado tempo atrais e que aposta de maneira clara pola transparencia e a participación, máxime tendo en conta que o procedemento que quere levarse a cabo -sobre todo na designación d@ candidat@ á Presidencia do Goberno- consiste nunhas primarias abertas á cidadanía. A primeira fita neste novo procedemento será o vindeiro 9 de marzo, data da celebración das primarias abertas para decidir o nome d@ candidat@ á Presidencia da Generalitat Valenciana. A continuación, prevese que as primarias para as Presidencias autonómicas e concellos de máis de 20.000 habitantes teñan lugar en setembro e, finalmente, as primarias abertas para a elexir @ candidat@ socialista á Presidencia do Goberno terán lugar en novembro deste ano 2014.

Nas primarias poderá concurrir como candidat@ calquer militante socialista que xunte un número mínimo de avais. No caso da candidatura á Presidencia do Goberno, o número mínimo de avais será do 5 % do censo de militantes, mentres que a cifra máxima será dun 10 %. O establecemento dun número máximo de avais, fixado nese 10 %, tenta favorecer a participación impedindo que unha única candidatura poda concentrar un número elevado de avais que faga imposible a concurrencia doutr@s candidat@s.

Ademais da militancia do partido e das Xuventudes Socialistas, nas primarias abertas poderán participar tódalas persoas con nacionalidade española que o día da votación sexan maiores de 16 anos e que realizasen a inscrición para participar no proceso. A inscrición consistirá na sinatura dun compromiso e/ou declaración de principios e valores progresistas e no pago dunha cota simbólica de 2 euros.

Como é obvio, en Cariño terás a oportunidade de participar nas primarias abertas para elexir á persona que será candidata socialista á Presidencia do Goberno. Nesta páxina web iremos informando de tódolos pormenores do proceso. Antes terán lugar as eleccións europeas. Será despois desa cita do mes de maio cando previsiblemente as primarias abertas saltarán ó primeiro plano. Soan nomes como Carme Chacón, Patxi López, Eduardo Madina ou Pedro Sánchez.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.