Próxima apertura da piscina municipal

Share Button

Onte o xornal La Voz de Galicia recolleu información sobre a próxima apertura da piscina municipal, cuios últimos retoques están realizándose nestes intres. Trátase dunha longa demanda da sociedade cariñesa, que evitará ter que desprazarse a concellos veciños para desfrutar dunha piscina climatizada.

 

 

 

Como se lembrará, o financiamento íntegro por parte da Deputación Provincial da piscina cuberta climatizada foi un logro acadadado na anterior lexislatura polo goberno municipal cariñés, encabezado polo noso Alcalde José Luis Armada. Aínda que a execución das obras prevíase rápida, os problemas económicos da empresa adxudicataria, que remataron en concurso de acreedores, motivaron o retraso nas obras. O proceso seguido dende entón explícase no primeiro número do Boletín Dixital de Información Municipal do Grupo Municipal Socialista, que podes consultar nesta web. Afortunadamente, o goberno municipal cariñés, despois de complexas xestións, foi quen de reconducir o proceso e a piscina está a piques de comezar a funcionar, cun sistema pioneiro de aforro enerxético e aproveitamento das enerxías renovables.

 

A piscina contará con dous vasos, un de 25 metros de longo para o público adulto e outro de 3,5 metros para nenos e nenas. Ademais, o Concello enriquecerá a instalación deportiva cunha zona habilitada como área de hidromasaxe, que contará cunha sauna e un baño turco. A instalación incorpora tamén sótano, vestiarios, aseos, unha sala de enfermería, despacho e cuarto para socorristas. A superficie total é de 1900 metros cadrados.

 

Para ampliar a información podes consultar:

 

– Nova publicada onte por La Voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/02/05/0003_8274422.htm

 

Boletín Dixital de Información Municipal do Grupo Municipal Socialista, nº 1 (setembro 2009):

https://www.psoecarino.org/index.php?option=com_content&task=view&id=12&Itemid=27

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.