Recuperar Cariño: urbanismo

Share Button

Dende a Agrupación Socialista de Cariño vimos sinalando que o prioritario nesta lexislatura ten que ser a promoción do emprego e a dinamización socioeconómica. Sen embargo, e dado o lamentable estado xeral no que se atopan o mobiliario urbano, o alumado e o pavimento en moitas partes do Concello (a Praza Roxa e o Paseo Marítimo lévanse a palma), se o día 24 de maio recibimos o respaldo maioritario d@s veciñ@s verémonos obrigados a acometer certas actuacións neste eido. Non podemos permitir que as cousas sigan no estado actual.

A maiores temos que pechar negociacións –e manter certas reivindicacións- coa administración autonómica, rematar o saneamento nas parroquias ou mellorar a seguridade viaria. Por certo, como queremos ser transparentes gustaríanos chamar a atención sobre un punto que non quedou o suficientemente claro no noso programa, algo que facemos con toda a responsabilidade e previamente ás eleccións (e que vimos repetindo nos actos públicos): na estrada A Pedra-Figueiroa pretendemos crear unha senda peonil libre de tráfico rodado que reduza o risco de atropelo para os frecuentes viandantes, e non unhas beirarrúas, como por errata figura no programa.

En definitiva, queremos un concello máis saudable, limpo e cuns servizos básicos decentes. Queremos #RecuperarCariño.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.