Recurso contra as Directrices de Ordenación do Territorio (DOT)

Share Button

O xornal La Voz de Galicia publica hoxe, en páxinas de Galicia, unha noticia sobre os recursos que, por diferentes razóns, foron presentados por dúas empresas e polo Concello de Cariño, na nosa etapa á fronte do Goberno Municipal, contra as Directrices de Ordenación do Territorio (DOT), aprobadas recentemente pola Xunta do PP. Podes acceder aquí á versión dixital da noticia:

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/08/25/0003_201108G25P6991.htm

O Grupo Municipal Socialista considera que este documento é enormemente perxudicial para os intereses do noso Concello, de aí as alegacións motivadas que presentamos cando estabamos á fronte do Goberno Municipal e que foron rexeitadas pola Xunta na súa maior parte (o que, á súa vez, motivou o contencioso ó se refire a noticia). Con seguridade teremos que voltar aquí sobre este asunto. Durante a pasada campaña electoral, publicamos nesta web unha entrada titulada Crónicas dun longo agravio: novas ordenacións do territorio e do litoral (DOT e POL), na que podes atopar un breve resumo dos nosos argumentos. Aquí tes o enlace:

https://www.psoecarino.org/index.php?option=com_content&task=view&id=394&Itemid=1

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.