Reflexións poscongresuais

Share Button

O PSOE celebrou esta fin de semana o seu 38 Congreso Federal en Sevilla. Competían pola Secretaría Xeral os compañeiros Alfredo Pérez Rubalcaba e Carme Chacón (ambos na foto, que tomamos da edición dixital de El País). Resultou elexido o primeiro, por unha axustada marxe de 22 votos. Os nomes máis relevantes da nova Executiva Federal son José Antonio Griñán (Presidente), Elena Valenciano (Vicesecretaria Xeral) e Óscar López (Secretario de Organización).

Se segues asiduamente esta páxina, xa coñeces as posicións dende as que encaramos este proceso congresual. Na Agrupación Socialista de Cariño existía o desexo dun proceso aberto e sen precipitacións. Unha vez se definiron as dúas opcións que finalmente concurriron, a militancia cariñesa decidíu de xeito moi maioritario, mediante o voto segredo en urna, apoiar a candidatura de Carme Chacón. No debate previo foi unánime o recoñecemento á inmensa valía política de Rubalcaba, así como o agradecemento por todo o que leva aportado ó partido. Pero tiñamos a idea de que a alternativa de Chacón visibilizaba mellor a apertura desa nova etapa que a cidadanía nos demanda, amosaba unha mensaxe socialdemócrata ben artellada e introducía novidades interesantes no relativo ó funcionamento do partido. Era, en calquera caso, un posicionamento simbólico, pois nesta ocasión non nos plantexamos como obxectivo enviar un delegado ou delegada ó Congreso Federal, algo que si temos feito en citas anteriores.

Os delegad@s do Congreso de Sevilla decidiron poñer en mans de Alfredo Pérez Rubalcaba o liderazgo do partido. Rubalcaba será, pois, o encargado de pilotar o rearme do proxecto socialista. Porque se hai algo claro é que o Congreso desta fin de semana é simplemente o punto de partida. Queda un traballo inmenso por diante, que implicará a renovación das direccións autonómicas, provinciais e locais; o debate ideolóxico e a construcción do novo discurso socialista; a construcción dunha oposición firme ós gobernos conservadores; a revitalización das agrupacións locais e a captación de nov@s militantes e simpatizantes, etc. Rubalcaba ten unha capacidade política e de traballo sobradamente demostradas para asumir esa tarefa, na que debe implicarse a totalidade do partido.

Como novidade importante, o Congreso decidíu que @ vindeir@ candidat@ á Presidencia do Goberno será elexid@ mediante primarias á francesa, coa participación da totalidade de militantes e simpatizantes. E antes do verán prevese a celebración dunha Conferencia Política para debatir cuestións organizativas e de funcionamento do partido. Queda moito traballo por diante. A vindeira cita é o congreso galego.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.