Rendindo contas: as cifras de 2011

Share Button

Como xa anticipamos na última entrada do 2011, presentamos agora unhas cantas cifras para facer balance desta web durante o ano que acaba de rematar.

En 2011 colgamos nesta páxina principal un total de 164 entradas acompañadas de 119 imaxes, o que supón un promedio dunha entrada cada 2’2 días. Estas cifras supoñen un lixeiro descenso respecto ó ano anterior; en 2010 colgamos 210 entradas na páxina principal, aínda que o número de imaxes acompañándoas foi inferior (103). Este descenso no número de entradas está relacionado, en parte, coa creación do noso perfil en Facebook o 13 de abril de 2011, pois dende entón colocamos nel directamente contidos (artigos e webs recomendados, etc.) que antes difundíamos a través desta páxina.

Hai que sinalar, por outra parte, que o ritmo de actualización de entradas non foi uniforme. No primeiro semestre do ano subimos 127 das 164 entradas, sendo un total de 37 as aparecidas durante o segundo semestre. Esta diferencia ten que ver, principalmente, coas eleccións municipais do mes de maio, que como podes supor implicaron unha actividade na páxina superior á habitual. Outra das razóns foi a xa citada creación do perfil en Facebook, que estivo operativo na totalidade do segundo semestre, non sendo así durante o primeiro.

As cuestións relacionadas coa política municipal e, en xeral, con temas locais ou comarcais foron, con diferencia, as máis presentes na web, merecendo un total de 115 entradas. Delas, 37 estiveron relacionadas directamente coas eleccións municipais. Á súa vez, estas tres ducias de entradas incluiron seccións específicas que foron aparecendo durante a precampaña e campaña: Crónicas dun longo agravio (5 entradas), Contrastes (4 entradas) e Propostas programáticas (9 entradas). Nestas 115 entradas de temática local ou comarcal, outro tema frecuente foi a reivindicación da consulta diaria de pediatría (10 entradas).

Á marxe de todas estas entradas relacionadas coa política municipal e os temas locais, o seguinte asunto máis tratado foi a política nacional (14 entradas), no cal tivo moito que ver a celebración das eleccións xerais do 20 de novembro, ás que adicamos 7 destas 14 entradas. A sección As nosas suxerencias, que mantivemos activa durante o primeiro semestre do ano, mereceu 11 entradas. Os restantes temas tratados foron o pensamento de esquerdas e os artigos de opinión (9 entradas); o funcionamento da web e a nosa presenza en internet (7 entradas); e Galicia e a política autonómica (4 entradas). Finalmente, os últimos meses do ano viron aparecer dúas seccións, ás que daremos continuidade durante 2012: Pensar dende a esquerda e Coñecer o noso, con 2 entradas cada unha delas.

Ademais desta análise dos contidos, tamén queremos facer balance do número de visitas á páxina. Como xa adiantamos na entrada anterior, o ano 2011 supuxo un incremento considerable con respecto a anos anteriores. Na parte inferior desta entrada podes atopar unha táboa coas cifras pormenorizadas, que xeramos a media tarde do día 31 de decembro. A media de visitantes únicos por día durante 2011 foi de 84’6; isto quere dicir que un promedio de 84’6 persoas diferentes accedeu cada día do ano 2011 a esta páxina. Xaneiro e agosto foron os meses coa media máis baixa (63), mentres que abril (116) e maio (108), coincidindo coas eleccións municipais, foron os meses coa media diaria máis alta de visitantes únicos. Outros meses cunha media elevada foron xuño (95) e decembro (92). No que atinxe a cifras totais, en 2011 a nosa web rexistrou algo máis de 30.950 visitas, 170.797 páxinas vistas e 528.433 accesos (como xa sinalamos, a táboa foi xerada cando aínda faltaban unhas horas para que concluíse o ano).

 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.