Renovación da Comisión Executiva Municipal en Cariño

Share Button

Concluídos os congresos provinciais, o PSdeG-PSOE completou o seu ciclo congresual ordinario coa renovación das Comisións Executivas Municipais en toda Galicia.

No caso de Cariño, a Asamblea tivo lugar o 6 de febreiro e incluíu, entre os seus puntos, o debate e aprobación da xestión da Comisión Executiva Municipal saínte. O Secretario Xeral, José Miguel Alonso Pumar, fixo unha valoración do traballo realizado nestes anos, destacando entre os principais logros a recuperación do goberno municipal cariñés nas eleccións de maio de 2015.

A única candidatura que se presentou á Comisión Executiva Municipal foi a liderada polo Secretario Xeral e Alcalde, José Miguel Alonso, que resultou elexida coa totalidade dos votos emitidos. Deste xeito, Alonso Pumar seguirá á fronte d@s socialistas de Cariño nesta nova etapa. A Comisión Executiva Municipal está composta, ademais, por José Luis Armada Castro (Presidente), Jonathan Miranda Lucas (Secretario de Organización e Acción Electoral), Alberto Iglesias Fraguela (Secretario de Administración e Tesourería), María José Fraguela López (Secretaria de Política Municipal, Benestar Social, Servizos Públicos e Igualdade), Ana Fachal Fraguela (Secretaria de Desenvolvemento Local, Emprego e Patrimonio Natural), José Pérez Rey (Secretario de Novas Tecnoloxías e Comunicación), Lois Armada Pita (Secretario de Formación e Arquivo) e Antonio Fustes Novo (Secretario Executivo).

Na asamblea elexíase ademais un delegado/a para o Comité Provincial. A única candidatura presentada foi a de Ana Fachal, que resultou elexida tamén coa totalidade dos votos emitidos. Deste xeito, a Agrupación Socialista de Cariño volve a ter unha representación relevante nos órganos provinciais do partido, ocupando José Miguel Alonso a Vicesecretaría Xeral de Coordinación Institucional na Executiva Provincial e con dous representantes no Comité Provincial, Jonathan Miranda (elexido no Congreso Provincial do 13 de xaneiro en Teo) e Ana Fachal (elexida na Asamblea local do 6 de febreiro).

A Comisión Executiva Municipal ten, entre outras funcións, as de colaborar co Grupo Municipal no deseño das súas políticas, coordinar as campañas electorais, favorecer a participación política da militancia e xestionar o día a día da Agrupación. A esta renovada Executiva agárdalle, pois, un importante traballo nestes vindeiros anos.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.