Rexistrarse na web

Share Button

Seguimos traballando na web para ofrecerche un instrumento dinámico de información e participación política. Axiña engadiremos novas seccións e contidos que agardamos sexan do teu interese.

Queremos lembrar que esta páxina web ofrece a posibilidade de rexistrarse de forma moi sinxela. Para facelo, unicamente tes que acceder á opción Rexístrate do Menú Principal e cumplimentar os datos que se solicitan. Como usuario rexistrado, entre outras opcións de uso, recibirás no teu correo electrónico alertas informativas cada vez que se publique un novo número do Boletín Dixital, cando celebremos algún acto público, etc.

É importante destacar que o rexistro de usuarios nesta nova páxina web está arrancando de cero. Isto quere dicir que, se estabas rexistrado na anterior web, debes voltar a facelo novamente na actual.

Por último, queremos lembrar que tamén a páxina web do Concello de Cariño ofréceche (na parte superior da páxina) a posibilidade de subscripción ás novidades da web. Como usuario subscrito, recibirás no teu correo electrónico notas de prensa, avisos de subvencións e outra moita información de interese.

Se non queres perder detalle da actualidade municipal, rexístrate nestas dúas webs.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.