Rotundo éxito da manifestación en defensa do galego

Share Button

Hoxe tivo lugar en Santiago de Compostela a manifestación en defensa da nosa língua e contra do decreto sobre o galego. Esta manifestación foi a principal expresión dunha xornada de folga que foi secundada por alumnado e profesorado da práctica totalidade dos centros de ensino galegos. Decenas de miles de persoas abarrotaron a Praza do Obradoiro en defensa da língua que nos une e que constitúe unha parte esencial do noso patrimonio como galegos e galegas.

 

 

O noso partido apoiou a manifestación, que contou coa presencia do noso Secretario Xeral Pachi Vázquez e doutros cargos institucionais. Pachi Vázquez pedíu humildade ó presidente Núñez Feijóo e emplazouno a buscar o consenso con toda a sociedade galega.

 

Entre as moitas e interesantes opinións que está a suscitar esta controversia, recomendamos o artigo de X. L. Barreiro Rivas titulado El problema del gallego es que no tiene glamur, que podes consultar no seguinte enderezo:

 

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2010/01/21/0003_8241765.htm

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.