Rotundo éxito de Rosendo no Ortegal Rock

Share Button

Neste día de descanso-intermedio entre o Ortegal Rock e as Festas de San Bartolo, queremos adicar unhas liñas a destacar o rotundo éxito colleitado onte por Rosendo no seu concerto, enmarcado no Ortegal Rock. Nunha praza ateigada de público, o artista madrileño ofreceu un recital de boa música, de técnica guitarrística, de profesionalidade e de boas maneiras. “Un auténtico señor do rocanrol”, como o definíu dende o escenario, minutos antes do seu concerto, o vocalista do grupo Riff-Raff.

 

Facemos unha valoración moi positiva desta séptima edición do Ortegal Rock. O tempo acompañou, os cinco grupos participantes luciron un excelente nivel e o público desfrutou amosando, ó mesmo tempo, un comportamento impecable.

 

Despois de sete edicións, o Ortegal Rock consolídase como unha referencia na Galicia septentrional, coa música de calidade e a gratuidade dos concertos como sinais de identidade.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.