Segue a Mostra de Teatro: comeza o teatro profesional

Share Button

 

Trala xornada de descanso de onte, hoxe luns, día 16, reanúdase a Mostra de Teatro coa compañía Teatro do Atlántico, que porá en escea O xogo de Yalta/Afterplay, ás 10 da noite con entrada ó prezo de cinco euros.

 

Despois de varias xornadas protagonizadas polo teatro infantil e o teatro afeccionado, a actuación de hoxe supón o comezo da semana principal da Mostra, na que interveñen as compañías de teatro profesional. En concreto, trala xornada de hoxe, nos días vindeiros pasarán polo Auditorio Municipal Teatro Galileo (con Sempre quixen bailar un tango), Teatro do Morcego (con Kvetch), Malasombra Teatro (con O día do pai) e Lagarta, Lagarta (con O segredo dos Hoffman). A Mostra de Teatro remata o vindeiro venres 20, coincidindo co arranque do Ortegal Rock.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.