Subvencións para a apertura de novos establecementos comerciais

Share Button

É certo que a situación que atravesa este país non anima especialmente a iniciar novos proxectos comerciais, pero en todo caso cremos que pode resultar de interese divulgar esta convocatoria de subvencións da Consellería de Economía e Industria que publica hoxe, martes 4 de febreiro, o Diario Oficial de Galicia. Resumimos os datos principais da convocatoria especificando o número de páxina na versión PDF descargable no link que figura abaixo (despois de premer no link, parte superior esquerda da páxina, pestaña Descargar PDF).

Trátase da convocatoria de subvencións de ata 20.000 euros (páx. 4599), en réxime de concorrencia competitiva, para a apertura de novos establecementos comerciais, cun prazo de solicitude que remata o 30 de xuño de 2014 (páx. 4596).

A convocatoria incentiva a creación de novos establecementos en concellos de menos de 5.000 habitantes (páxs. 4594, 4617) -caso de Cariño- e en concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, que reciben 2 puntos na valoración, ó igual que os situados na Costa da Morte e nas provincias de Lugo e Ourense (páx. 4606). Os conceptos subvencionables detállanse nas páxinas 4598-4599.

Podes descargar aquí o texto da convocatoria:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140204/AnuncioCA04-280114-0001_gl.html

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.