Un equipo para recuperar Cariño: o domingo 19 de abril presentamos a candidatura

Share Button

Como xa adiantamos hai uns días, este domingo 19 de abril presentaremos a nosa candidatura para as vindeiras eleccións municipais. A cita será ás seis da tarde no Auditorio Municipal.

O acto contará coas intervencións de Paula Fernández Pena, senadora e exalcaldesa de Silleda; do voceiro socialista no Parlamento galego José Luis Méndez Romeu; e do noso candidato á Alcaldía de Cariño José Miguel Alonso Pumar, así como doutros membros da candidatura.

Terás a oportunidade de coñecer ás persoas que están chamadas a protagonizar un cambio moi necesario no noso Concello, un equipo humano que combina renovación e experiencia, que integra a militantes e a personas independentes, e no que a xente xoven ocupa todo o primeiro tramo da lista. O acto servirá tamén para dar a coñecer as principais propostas de goberno para os vindeiros anos, que ó longo das vindeiras semanas iremos ampliando e enriquecendo coas achegas da cidadanía.

Unha vez máis, o noso partido toma a dianteira e sitúase nunha posición central na vida municipal cariñesa ó ser a primeira forza política en presentar publicamente a súa candidatura. Facémolo, como sempre, por respecto á cidadanía e moi conscentes da importancia que teñen as vindeiras semanas para dar a coñecer o noso proxecto, para seguir escoitando á xente, para sumar esforzos a un proxecto de cambio no que –hoxe máis que nunca- tod@s somos necesari@s.

Quedas convidad@. Gustaríanos moito contar coa túa presenza. Non te esquezas: este domingo 19 de abril ás seis da tarde, no Auditorio Municipal, lanzamos un proxecto cheo de ilusión. O proxecto que Cariño merece.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.