Un proxecto en 97.762 palabras e 211 imaxes

Share Button

O pasado 21 de setembro o actual formato desta páxina web cumpríu dous anos de idade. Aínda que o sitio www.psoecarino.org fora creado na primaveira de 2003, a adopción do novo formato significaba unha aposta pola información e a democracia participativa, concretada nunha constante publicación de entradas nesta páxina principal. Cremos que este aniversario ben merece un breve balance. Esta entrada fai a número 408, o que supón unha media superior a unha entrada cada dous días (concretamente, unha entrada cada 1’78 días). As entradas que preceden á presente suman un total de 97.762 palabras e 211 imaxes.

Por outra parte, este año está a supoñer a consolidación deste sitio web no que atinxe ó incremento no número de visitas. Abril foi, de momento, o mes cun maior número de visitantes únicos por día, cunha media de 116, aínda que o total mensual de páxinas vistas foi superior en maio, cun total de 20.557. Os meses coa media máis baixa de visitantes únicos por día foron xaneiro e agosto, con 63. Os totais mensuais de páxinas vistas nestes meses foron 9.148 e 14.930 respectivamente.

Na Agrupación Socialista de Cariño sentímonos satisfeit@s do traballo realizado na páxina ó longo destes dous anos. Modestamente, e coas limitacións inherentes a unha laboura destas características, cremos que as entradas publicadas nestes dous anos dan boa conta do noso ideario e do noso proxecto para o Concello de Cariño. Un proxecto que aposta polo desenvolvemento socioeconómico de Cariño a través dun modelo de economía diversificada, pola prestación de servizos públicos de calidade, pola colaboración comarcal nun plano de igualdade, pola dignificación da política e pola defensa transparente e ó mesmo tempo contundente do noso ideario, sen insultos nin difamacións. Así traballamos no goberno e así imos seguir traballando na oposición.

Estamos convencid@s da necesidade de sitios web coma este. Estes dous anos anos foron, tamén, anos duros para os espazos de opinión progresista e de esquerdas, como consecuencia da actual crise económica mundial e da falta de apoio do actual Goberno Autonómico. Pecharon o portal Vieiros, o xornal Galicia Hoxe, a edición en papel de Xornal de Galicia e o semanario A Nosa Terra (primeiro en papel e acaba de pechar tamén a súa versión electrónica). Neste contexto, a esquerda está obrigada a un esforzo adicional para difundir a súa mensaxe. Non imos faltar a este compromiso, a esta obriga moral.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.