Unha lei para o desenvolvemento sostible

Share Button

A idea de desenvolvemento sostible é, dende hai anos, un dos eixos vertebradores do socialismo cariñés. Non podía ser doutro xeito, practicando unha política de esquerdas e vivindo nun concello cuios maiores valores e recursos económicos están na natureza. Hoxe estes ideais non só están de plena actualidade, senón que ademais son vistos por moitos economistas como a mellor saída posible á actual crise económica mundial. Neste contexto, o vindeiro venres o Consello de Ministros do Goberno de España aprobará o proxecto de Lei de Economía Sostible.

Sobre este tema, recomendamos o excelente artigo Sostener el desarrollo, publicado onte no diario Público pola súa Xefa de Información, Amparo Estrada. Podes acceder seguindo este enlace:

http://blogs.publico.es/multiplicateporcero/123/sostener-el-desarrollo

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.