Vicenç Navarro na colección Pensamiento Crítico

Share Button

Dende hai uns poucos meses, a un módico prezo de dous euros, o diario Público entrega tódolos sábados un libro da súa colección Pensamiento Crítico, na que levan aparecido obras esenciais de autores como Manuel Sacristán, Susan George, Umberto Eco ou Eric Hobsbawm.

Mañá o xornal inclúe o libro El subdesarrollo social de España: causas y consecuencias, do catedrático Vicenç Navarro. Trátase dunha obra moi interesante para comprender aspectos como o importante peso das ideas conservadoras na sociedade española e a súa influencia no ámbito político. Un libro moi recomendable dun autor que, por outra banda, soemos mentar a miúdo na nosa páxina web.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.