Visita do Conselleiro

Share Button

O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, visitou onte as obras do corredor costeiro en Ortigueira e mantivo unha reunión con diversos alcaldes da comarca, da que foron excluidos os rexidores de Ferrol (PSOE), Cedeira (PSOE) e Valdoviño (TEGA).

Desta visita cabe extraer diversas lecturas. A lectura positiva é que a presión exercida por PSOE e BNG, axentes sociais e medios de comunicación está conseguindo situar o tema na axenda política. A lectura negativa é que o Conselleiro ratificouse nos prazos anunciados días atrais, que sitúan o remate das obras no 2017.

O noso Alcalde, José Luis Armada, estivo presente na cita e na posterior roda de prensa convocada por diversos alcaldes da comarca. As súas declaracións saen hoxe recollidas en diversos medios, como Diario de Ferrol e La Voz de Galicia.

Sen dúbida, o corredor costeiro continuará protagonizando o debate político nos vindeiros días.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.