Web do Proxecto Nomes e Voces

Share Button

En varias ocasións temos resaltado o compromiso do noso proxecto co coñecemento en xeral e co coñecemento da realidade local en particular. A verdadeira democracia aséntase sobre unha cidadanía formada e informada e, por esta razón, góstanos difundir dende esta web información de interese arredor da nosa paisaxe, do noso patrimonio, da nosa historia ou da nosa economía.

 

Mais, desgraciadamente, a realidade ten ás veces un lado escuro, dramático, que tamén cómpre coñecer. O Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces” acaba de subir á rede a súa nova páxina web, que se presenta como “un espazo deseñado para facilitar o acceso á investigación da Historia actual especializada en información sobre a guerra civil e  a represión franquista en Galicia”. Entre a moitísima información dispoñible, a páxina inclúe unha base de datos de víctimas, cun buscador incorporado, onde podes atopar información sobre as persoas represaliadas en Cariño e no resto da comarca. Cómpre subliñar que trátase dun proxecto en curso, que aínda segue a incorporar información. Ata agora, a base de datos inclúe 14.704 víctimas represaliadas entre 1936 e 1939.

   

Recomendámoste a visita da web. O seu enderezo:

 

http://www.nomesevoces.net

 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.