Xornada de traballo cos responsables de Costas

Share Button

O xefe da Demarcación de Costas, Rafael Eimil, e o seu conselleiro técnico, Carlos Gil, estiveron hoxe en Cariño, onde se reuniron co noso Alcalde, José Luis Armada, para planificar as vindeiras actuacións no noso termo municipal, motivadas en boa medida polos desperfectos do último temporal.

No marco desta xornada de traballo, realizaron unha visita á praia de Fornos, onde analizaron in situ as posibles actuacións para reparar a rotonda e protexer esta zona de praia ante posibles temporais futuros.

O segundo acordo concretado foi a sustitución dos piares da pérgola do paseo marítimo de Cariño, que se atopan en mal estado.

Ademais, visitaron as obras de reparación que están sendo realizadas na desembocadura do río Sagrón, nas inmediacións da Casa de Cultura, que avanzan a bo ritmo.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.